Suspendido o Programa Vacacións en Paz

Dende a Delegación Saharaui en Galicia e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, informámosvos tristemente que logo de 25 anos, as autoridades saharauis, decidiron anular o programa de Vacacións en Paz 2020 por precaucións sanitarias.

Dende SOGAPS, non nos podemos quedar coas mans cruzadas e dentro das alternativas estudaremos organizar unha Caravana Solidaria con axuda humanitaria para mandar aos nosos nenos, e así poder aliviar as difíciles condicións nos Campamentos.

Irémosvos informando nos próximos días, dos métodos e programación de dita Caravana.

Non deixaremos aos nosos nenos este verán sen axuda.

Como sempre coa axuda de todas as Institucións Galegas e a vosa incondicional colaboración ímolo a conseguir.

Moitas grazas.

Por un Sáhara Libre!!!

 

Comunicado Vacaciones en Paz

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *