- Este evento ha pasado.
Teatro Solidario co Pobo Saharaui en Lalín
12/04/2017/19:30 - 20:30
3€O 12 de Abril os máis pequenos teñen unha cita no Museo Ramón María Allen (Lalín). “Migallas” representará a súa obra de Teatro Solidario “Canta Connosco!” en Solidariedade co Pobo Saharauí.
O vindeiro mércores 12 de Abril tes unha cita solidaria en Lalín. O Grupo “Migallas” presenta a súa obra “Canta Connosco!”, un espectáculo dirixido a nenos e nenas, e á diversión de toda a familia. Tanto dende o Concello, como os propios representantes de Migallas, subliñaron o “especial” que esta representación de teatro solidario, tal e como expresou Carlos Yus (actor na obra) “coñecemos a causa do pobo saharauí, e en canto recibimos a petición decidimos vir encantados“.
O evento, organizado por SOGAPS, conta coa colaboración do Concello e do grupo de Teatro. A recadación será destinada ao financiamento do programa “Vacacións en Paz”, grazas ao cal, centos de nenos e nenas poden escapar das altas temperaturas do deserto no verán, e durante dous meses cambiarán o campamento de refuxiados polas terras galegas, da man da súa “familia acolledora”.
¡Así que xa sabes! O vindeiro mércores 12 de Abril, ás 19:30 horas, e por só 3€, podes gozar dun Teatro Solidario nunha tarde entretida e solidaria en familia. Esperámoste no museo “Ramón María Allen”!
Axúdanos a continuar con programas tan importantes como este, e a visibilizar a situación do Pobo Saharauí.
Comentarios recentes