Agradecemento á Deputación de A Coruña pola súa colaboración no programa Vacacións en Paz 2025

Grazas á Deputación de A Coruña por apoiar Vacacións en Paz 2025

Dende SOGAPS queremos agradecer á Deputación de A Coruña o seu apoio ao programa Vacacións en Paz 2025.

Un ano máis, a colaboración da institución provincial contribúe a facer posible a acollida en Galicia de nenas e nenos saharauís durante os meses de verán, ofrecéndolles a oportunidade de convivir coas súas familias de acollida e desfrutar dun período de descanso, convivencia e intercambio cultural.

Este tipo de iniciativas son posibles grazas á implicación conxunta das familias, entidades e institucións que apostan por manter viva a solidariedade galega co pobo saharauí.

Grazas á Deputación de A Crouña por acompañarnos neste camiño e por contribuír a facer realidade Vacacións en Paz 2025.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *