Observadores Internacionais de Galicia en Rabat (Gdeim Izik)

Na tarde de onte celebrouse unha rolda de prensa coincidindo co regreso dos observadores internacionais enviados por SOGAPS a Rabat para asistir ao xuízo aos presos políticos do Gdeim Izik
Rueda de Prensa de los observadores Internacionales de Sogaps en Rabat por el Gdeim Izik
Onte chegaron a Galicia os dous cooperantes de SOGAPS procedentes de Rabat (Marruecos) tras acudir como observadores ao xuízo político que o régimen marroquí celebra contra vinte e catro activistas Saharauis, detidos pola súa participación pacífica o campamento protesta de Gdeim Izik. Cidadáns saharauis considerados por Marruecos como cabecillas de organización do campamento nos arredores do Aiuin no ano 2010.

Os nosos compañeiros Henrique Porto e Emilio García asistiron luns e martes como observadores no xuízo xunto con outra observadores internacionais: avogadas, parlamentarias, concejalas, activistas de organizacións defensoras dos Dereitos Humanos… O xuízo deu comezo o luns día 8 de maio, despois de que este proceso fose suspendido varias veces polo tribunal de xustiza.

Tamén é preciso engadir que este xuízo contra presos políticos Saharauis lévase a cabo como proceso civil unha vez anulada a sentenza dun anterior xuízo ilegal realizado por un tribunal militar (contrario ao dereito internacional), unha chapuza do régimen marroquí de xulgar a civís nun proceso militar.

Por outra banda, tamén se enfronta á lexislación internacional o que se xulgue a cidadáns Saharauis fóra da súa propia terra, o Sahara Occidental, xa que o proceso estase desenvolvendo en Sae-Rabat (Marruecos).

Os observadores internacionais de SOGAPS desexan transmitir ao pobo de Galicia e a España farsa e o esperpento do que observaron nos dous días de xuízo presenciados. En primeiro lugar os impedimentos que sufriron para poder entrar, por parte da policía marroquí, tendo que ameazar con ir ao consello xeral da abogacía a emitir protesta, etc. E en segundo lugar, a análise do vivido no interior da sala, tal e como denota a narración de Henrique Porto.

Por fin na sala da audiencia, observamos calquera cousa menos algo que significase un xuízo. O presidente do tribunal interrompe a gritos aos avogados, os avogados acusadores do Estado Marroquí e o Fiscal interrompendo a gritos calquera argumentación dos letrados defensores saharauis.

Realmente observamos que, por moito que repetira o Presidente do tribunal que non se trataba dun xuízo político que só buscaba a verdade, era todo o contrario. A mañá do mércores 9 pasouse entera discutindo o procedemento, xa que o tribunal intentaba utilizar como testemuñas aos policías que levantaron as actas baixo tortura e tomando declaracións aos presos con presenza de policías.

Todo o proceso rompe os elementais dereitos de todo preso. Con todo o observado, nosa conclusión: estamos ante unha farsa de xuízo, estamos ante un xuízo político do régimen marroquí, estamos ante un silencio sepulcral informativo de medios marroquí e españois, estamos ante unha burla ao dereito máis elemental de todo cidadán e de todo preso.”

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies