O Camiño de Santiago pola Liberdade dos Saharauis
O 17 de Maio desde as 10:30, realizarase unha marcha en solidariedade cos Presos Políticos do Gdeim Izik. O percorrido consiste na última etapa do Camiño de Santiago: Desde “Monte do Gozo” ata a Praza da Quintana.
O vindeiro mércores 17 de Maio (Día das Letras Galegas na nosa comunidade), realizarase unha marcha Solidaria cos presos políticos do Gdeim Izik, quen está sendo procesados en Rabat estes días nun xuízo farsa e ilegal, mentres levan encarcerados desde 2010 polo seu activismo pacífico pola liberdade da súa terra.
Desde SOGAPS: Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, convocamos a todas as persoas solidarias a participar nesta marcha e loitar polos dereitos humanos e os presos políticos Saharauís. Devandito evento comezará ás 10:30 da mañá no Hotel “Cidade de Vacacións”, en Monte do Gozo, e chegará ata a Praza da Quintana (Catedral de Santiago de Compostela), coincidindo coa última etapa do Camiño de Santiago.
O Gdeim Izik foi un campamento protesta baseado en demandas sociais e civís e contra a ocupación marroquí que reuniu a máis de 20.000 Saharauís antes de ser desmantelado polo exercito e a policía marroquí a través de violencia e detencións arbitrarias, o modus operandi habitual do Majden ante estas situacións.
Comentarios recentes