Festival Solidario co Pobo Saharauí en Vigo
Este domingo 28 de Maio celebrarase un Festival Solidario co Pobo Saharauí en Vigo. O devandito evento contará con espectáculos de humor, maxia e baile.
No auditorio Martín Codax de Vigo (auditorio do Conservatorio Superior de Música), o vindeiro domingo 28 de Maio poderás gozar dunha tarde repleta de humor e maxia, por tan só 5€ cos que axudarás aos diferentes proxectos que desenvolve esta asociación.
O festival contará coas participacións solidarias do Mago Deimi, o Pallaso Popín, o grupo infantil de danza de Unidance, e o Mago Xavi e o Pallaso Lolo de Barafunda. A cesión do centro é tamén unha achega solidaria do CSMV.
É importante seguir concienciando e sensibilizando sobre a situación do Sahara Occidental, un territorio ocupado por Marrocos de forma ilegal. Un conflito sobre o que gran parte da poboación española descoñece a situación que vive o Pobo Saharauí, obrigado a vivir en campamentos de refuxiados lonxe da súa terra dende hai décadas.
Con eventos como este tentamos dar a coñecer o conflito e financiar programas de axuda e cooperación, como o programa “Vicente Fernandez” (material escolar), programas deportivos, ou programas médicos, cos que enviamos material necesario aos campamentos, sempre baixo o auspicio da Fronte Polisario.
Comentarios recentes