Data do novo xuízo ao grupo do Gdeim Izik, 26 de Decembro

Marrocos fixou unha data para celebrar o novo xuízo aos presos políticos do grupo de participantes no Gdeim Izik, quenes será xulgados por un tribunal civil tras as presións internacionais que recibiu Marrocos por xulgar militarmente a civís, nun proceso infestado de irregularidades e carente das garantías procesuais básicas.

A data elixida, o próximo 26 de Decembro, parece responder a unha estratexia de Marrocos, que conseguiría evitar a presenza de observadores internacionais ao coincidir coas con datas festivas de Nadal, tal e como informa “Por un Sahara Libre“.

A situación dos presos segue sendo obxecto de crítica internacional ao réxime Marroquí, as denuncias por torturas, malos tratos, malleiras, cambios de prisión sen máis fundamento que separar ás familias e aos presos, conforman unha violación constante aos Dereitos Humanos, algo habitual nos territorios ocupados.

Os presos do Gdeim Izik non foron informados debidamente de cada paso nos seus recursos de apelación a un tribunal civil, o sistema xudicial marroquí retivo a información o séu antollo para despistar aos medios e para usar estes datos como noticias de distracción cando fose necesario.

O Gdeim Izik foi un campamento protesta baseado en demandas sociais e civís e contra a ocupación marroquí que reuniu a máis de 20.000 Saharauís antes de ser desmantelado polo exercito e a policía marroquí a través da violencia e detencións arbitrarias, o modus operandi habitual do Majden ante estas situacións.

Houbo nove condenas a cadea perpetua, unha delas en rebeldía (caso de Hassanna Aalia, de recente relevancia ao conseguir o asilo político tras anos de loita), catro a 30 anos de prisión, sete a 25, tres a 20 e outras dúas menores que se consideraron cumpridas polo tempo que levaban en prisión. Un recluso quedou en liberdade por motivos de saúde, co que 21 condenados continúan no cárcere de Salguei, en Rabat.

Desde SOGAPS sumámonos a un chamamento que solicita a presenza de observadores internacionais neste novo xuízo.

gdeim-izik

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies