Chegan máis Saharauís de “Vacacións en Paz 2017”

Este fin de semana, tras moitos esforzos, conseguimos traer a gran parte dos nenos e nenas Saharauís que non puideron vir a Galicia o venres 7 de Xullo debido ao tamaño dos avións.

Dentro duns días virán os outros grupos.

Agradecidos dos nosos compañeiros de FEMAS, de Fatma Galia, da Delegación Saharauí en España, do Ministerio de Mocidades, que tanto nos axudaron nos últimas días nesta difícil tarefa.

Grazas a este programa, os menores poden escapar das altas temperaturas do deserto de Tindouf no verán (ata 50 graos á sombra) e someterse aos diferentes exames médicos aos que non se pode acceder nun campamento de refuxiados. Ademais aprenden español, segunda lingua oficial da RASD (República Árabe Saharauí Democrática), e supón unha gran experiencia cultural para todos os participantes do programa: os nenos e nenas Saharauís, as familias acolledoras, os menores galegos que se relacionan de forma directa ou indirecta co programa, etc.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies