Membros de SOGAPS presentan “Vacacións en Paz” na TVG

Deixámosvos o programa da TVG, “A Revista” do pasado venres, que contou coa presenza de membros de Sogaps: Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, quen fixo un chamamento ante a necesidade de familias acolledoras e explicaron a importancia do programa “Vacacións en Paz”.

Queremos expresar o noso agradecemento a Maribel, directora do Programa “A Revista” da Televisión de Galicia (tvg), a Laura, presentadora, e a todo o equipo do Programa, por permitirnos facer un chamamento a toda a poboación galega para conseguir familias acolledoras para nenas e nenos Refuxiados Saharauís durante o verán do 2017.

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.

A inscrición está aberta ata o 30 de Decembro.

Poden enviar un Mail a:
vacacionesenpazsogaps@yahoo.com

Atoparás toda a información necesaria sobre este programa na seguinte ligazón:

Vacacións en Paz 2017

O programa completo “A Revista” da TVG do día 25 de Novembro:

A Revista 25/11/2016 (Participación de SOGAPS no minuto 25)

tvg

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *