Facebook censura a “Equipe Media”

Facebook bloquea a páxina do colectivo mediático Saharauí “Equipe Media” impedindo que comparta vídeos, imaxes e ligazóns, denunciando a ocupación marroquí e mostrando ao mundo a represión á que somete ao Pobo Saharauí.

Apoyo a Equipe Media #TodosSomosEquipeMedia

Equipe Media é un colectivo Saharauí que actúa no Sahara Ocupado rompendo o bloqueo informativo gravando e difundindo a represión que sofre o pobo Saharauí, como as múltiples agresións que suceden nas manifestacións pacíficas que denuncian a ocupación marroquí do Sahara Occidental, as detencións ilegais, etc.

Facebook pechou a páxina deste colectivo, coincidindo coa celebración do xuízo aos activistas do Gdeim Izik, cuxo proceso está a dar lugar a múltiples altercados en Rabat e represión sobre quen denuncia a situación dos presos políticos e os seus familiares. Incidentes que violan os Dereitos Humanos e que Equipe Media difundía a través desta rede social.

Axúdanos a dar visibilidade á censura de Facebook #TodosSomosEquipeMedia

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *