Festival de Coros en Solidariedade co Pobo Saharaui en Ourol

Este venres 24 de Marzo celébrase un Festival de Coros en Solidariedade co Pobo Saharauí, na Igrexa de Bravos (Ourol) a partir das 21:00.

O evento, que se realizará na Igrexa parroquial de Bravos, no Concello de Ourol, este Venres 24 de Marzo a partir das 21:00, contará co Coro Parroquial de Bravos, o Coro CEIP Lois Tobio, o Coro Parroquial de Cervo, e o Coro Tempus Fugit.

A entrada é gratuíta, e as persoas que queiran colaborar con esta causa poden facelo coa doazón de aceite de oliva ou cunha achega económica.

Este Festival Solidario está organizado polo Coro Parroquial de Bravos e SOGAPS, e conta coa colaboración da Asociación de Veciños “Irmáns Vilar Ponche” de Bravos.

Solidario

Solidario

 

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *