Festivais Solidarios co Pobo Saharaui o próximo domingo

O vindeiro domingo 26 de Marzo celebraranse dous Festivais Solidarios co Pobo Saharauí, un na zona Norte de Galicia (Sada), e outro no Sur (Mondariz), para que poidas achegarche e axudar nesta causa mentres gozas dunha tarde de Domingo enche de Maxia, Humor e Música. A entrada é gratuíta, só aceptamos doazóns!!

Ambos  festivais comezarán ás 17:00 da tarde, un na zona Norte de Galicia, na casa cultural “Pintor Lloréns” de Sada, e outro no Sur, no Auditorio de Mondariz.

O primeiro contará coa presenza do Mago Dani García, a obra “Ou Contador de Contos” e un número de baile de salón da Escola de Danza “Carmen López”. Ademais toda a gala estará guiada pola presentadora Erica Gonzalez, quen tamén exercerá como Conta-Contos.

En Mondariz tamén haberá maxia, contos, música e humor: O Pallaso Peter Punk, o Mago Cali e o grupo de baile CEIP Castromae apuntáronse a esta gala presentada pola conta-contos María Carreira.

A entrada é gratuíta, só aceptamos doazóns!

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *