XII Asemblea de EU en Galicia sitúase a favor dun Sahara Libre
O pasado 3 de Xuño celebrouse a XII Asemblea de EU en Galicia, que contou coa presenza de Alberto Garzón (Corrdinador Federal de Esquerda Unida), a deputada autonómica Eva Solla, e o Delegado Saharauí en Galicia Habibulah Mohamed.
En dicha Asambleada, celebrada o pasado sábado en Santiago de Compostela, aprobouse unha resolución na que o partido se pronuncia respecto da situación que sofre o Pobo Saharauí e a ocupación marroquí, e esixe aos organismos pertinentes a súa actuación ao respecto.
Achegamos a continuación devandito comunicado, e aproveitamos para agradecer unha vez máis o compromiso de EU con esta xusta causa.
POLO FIN DA IMPUNIDADE DE MARROCOS, POLO DEREITO DO POBO SAHARAUÍ A VIVIR EN PAZ NO SEU TERRITORIO
A dramática situación que soporta o pobo saharauí non pode esquecerse. É a nosa responsabilidade levantar a voz e denunciar unha vez máis a violación de dereitos humanos. Son máis de 40 anos de ignominia, en que Marrocos vive ocupando ilegalmente o Sahara Occidental grazas á complicidade de Europa e sobre todo de España, que sempre fuxiu da súa responsabilidade en tanto que actual potencia administradora.
Esquerda Unida sempre estivo co pobo saharauí. Sempre recoñeceu á fronte Polisario como representante político e institucional do devandito pobo. Sempre loitou contra a hipocrisía imperante no estado e en Galicia.
Os recentes movementos militares realizados por Marrocos, a construción dun muro separador de centos e centos de quilómetros, en cuxo contorno máis inmediato pululan millóns de minas que mutilan vidas inocentes, a tortura das persoas que sofren cárcere por defender a súa dignidade como pobo que quere vivir libremente no seu territorio, a represión e vulneración dos seus dereitos de reunión e manifestación, enfrontándose de forma permanente e constante ás forzas de ocupación marroquí, e un longo etcétera que podemos simbolizar en todo o que ten que ver co xuízo ás persoas do Campamento da Dignidade de Gdeim Izik, unha iniciativa política pacífica, clausurada o 8 de novembro de 2010, con lume e armas polas forzas de represión marroquís e que supuxeron penas abusivas e carentes de xustiza, impostas por un tribunal militar permanente o 13 de febreiro de 2013 aos 24 activistas. Unha farsa de xuízo que denunciamos de maneira sistemática como Esquerda Unida e que foi reaberto en marzo de 2017 en Rabat, dándose as mesmas faltas de garantías xudiciais e graves vulneracións á presunción de inocencia. Reclamamos a liberdade de todos os presos políticos saharauís.
A XII Asemblea de Esquerda Unida esixe contundencia á Xunta de Galicia á hora de manter os compromisos asinados e rubricados por unanimidade coa declaración do Parlamento de Galicia. Os vínculos comerciais de certa oligarquía empresarial non poden representar un obstáculo á hora de manter os acordos conseguidos. Os dereitos do pobo saharauí deben prevalecer sobre calquiera acordo comercial.
Por un Sahara libre!
Compostela, 3 de xuño de 2017
Comentarios recentes