Parlamento de Galicia aproba un compromiso co Sahara Occidental

O Parlamento de Galicia aprobou un compromiso a través do cal expresan o seu compromiso co Pobo Saharauí e esixen o cumprimento da sentenza do 20 de Decembro do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea.

El parlamento gallego apoya al Pueblo Saharaui

Na mañá de onte, martes 25 de Abril, membros de SOGAPS reuníronse co Intergrupo “Paz e Liberdade para o Sahara”, formado polos/as deputados/as: Montse Prado (BNG), Alberto Pazos (PP), Noela Branco (PSOE) e Eva Solla (En Marea), para planificar a actividade en defensa do Pobo Saharauí:

  • Próximo Debate no Consello de Seguridade de Nacións Unidas.
  • Próximo Xuízo dos Presos de Gdeim Izik.
  • Necesidade de envío de cartas ao novo Secretario de Nacións Unidas, Antonio Guterres.
  • Vacacións en Paz 2017.
  • Visita institucional aos Campamentos.

Tras a reunión, os representantes de SOGAPS acudiron ao Pleno do Parlamento, onde o Presidente deu lectura a unha Declaración Institucional sobre o Cumprimento da Sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo sobre o Sahara Occidental, a cal foi aprobada por unanimidade de todos os membros do Parlamento. Cabe lembrar que segundo esta sentenza, as empresas que explotan os recursos do Sahara Occidental deben negociar co lexítimo representante do Pobo Saharauí, e non coa potencia ocupante marroquí.

Tamén se esixe “unha solución política xusta, duradeira e mutuamente aceptable a través dun referendo de autodeterminación que poña fin ao conflito”, tal e como solicitan múltiples asociacións e organismos internacionais desde hai máis de 40 anos.

Unha vez máis , desde SOGAPS só podemos ter palabras de agradecemento ao Parlamento de Galicia, e en especial aos membros do Intergrupo, que sempre nos reciben con ilusión e agarimo, e tratan de atender todas as nosas peticións.

Somos conscientes, que grazas á súa implicación un Sahara Libre é posible.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies