Partido Solidario: Concelleiros/as de Narón vs Saharauis

O vindeiro domingo 30 de Abril celebrarase un partido de fútbol solidario co Pobo Saharauí. Ás 11:00 enfrontaranse concelleiros e concelleiras de Narón contra Saharauís no Campo de Cadaval, e poderás asistir por tan só 4€.

Coa túa asistencia a este partido solidario non só disfrutarás dun domingo diferente, se non que estarás a axudar a un Pobo que está condenado a vivir como refuxiados lonxe do seu país (ocupado por Marrocos), desde hai máis de 40 anos.

Grazas a eventos como este, desde Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), podemos financiar proxectos de axuda humanitaria, e programas como “Vacacións en Paz”, co que centos de nenos e nenas Saharauís poden pasar o verán en Galicia, escapando das altas temperaturas do deserto nesa época do ano.

partido solidario

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *