V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí: “Baixo a lúa do deserto”
O vindeiro domingo 14 de Maio representarase a obra “Baixo a lúa do deserto” do grupo “Esceario Público de Silleda”. O evento enmárcase dentro do V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí de Silleda.
A partir das 12:00 horas, na Casa dá Xuventude de Silleda poderás goza da obra dirixida por Cristina Collazo e representada polo Teatro Infantil “Esceario Público de Silleda“. Esta cita supón a 2º actividade do V Mes Cultural de axuda ao Pobo Saharauí, un mes de eventos xa tradicional en Silleda, co que a localidade mostra un ano máis o seu compromiso coa causa do Sahara Occidental.
A entrada, un donativo de 3€, destinarase ao programa “Vacacións en Paz”, un programa grazas ao cal centos de nenos e nenas Saharauís poden pasar o verán na nosa comunidade da man da súa “Familia Acolledora”, escapando así das altas temperaturas do deserto no verán, e someterse aos pertinentes exames médicos.
Comentarios recentes