Éxito das III Xornadas Formativas en Padrón

O pasado sábado 29 de Abril celebráronse en Padrón as III Xornadas Formativas para Vacacións en Paz 2017. Desta maneira, as últimas Familias Acolledoras que se sumaron ao programada puideron participar neste requisito indispensable.

Santiago Jimenez, Noelia Porto, Maite Isla

Nestas Xornadas Formativas – do mesmo xeito que nas edicións anteriores – tratáronse diversos temas esenciais para coñecer a problemática á que se enfronta o Pobo Saharauí, o contexto histórico do conflito, e a diversa actividade ao respecto da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).

O devandito evento contou coa presenza da presidenta da asociación, Maite Isla e diversos expertos e profesionais vinculados á loita polo Pobo Saharauí: Mohamed Boutinguiza (Doutor en Física e Profesor na UVigo), Pablo Romeo (membro de SOGAPS – Delegado de Zona), Esther Ybarra (Membro de SOGAPS – Delegada de Zona), Noelia Porto (Membro de SOGAPS – Campo Sanitario), Santiago Jimenez (Profesor de Historia e Coordinador do Observatorio Galego para o Sahara), Clara Freitas (Avogada e responsable de RRHH de SOGAPS), Alejandro Cid (Responsable de Comunicación de SOGAPS), e Dolores Miranda (Membro de SOGAPS).

Máis de cen persoas achegáronse a estas charlas informativas, que compoñen unha clase esencial sobre a situación do Sahara Occidental, do Pobo Saharauí, e do que podemos facer dende Galicia. Dende SOGAPS queremos dar as grazas unha vez máis a todos os ponentes e a todas as familias acolledoras, asistentes nestas III Xornadas Formativas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies