Aprazadas as Xornadas Formativas “Vacacións en Paz 2017”
Comunicado dirixido a todas as Familias Acolledoras pendentes de asistir ás Xornadas Formativas obrigatorias. A data das mesmas foi cambiada do 28 de Xaneiro ao 18 de Marzo.
Ante a necesidade de novas Familias Acolledoras para poder traer a todos os nenos e nenas Saharauís que entran no programa “Vacacións en Paz 2017”, ampliamos os prazos deste proxecto, incluíndo as Xornadas Formativas para aquelas familias acolledoras novas, ou que non puideron asistir en outubro de 2016. Lembrámosvos unha vez máis que a asistencia a estas xornadas é obrigatoria para poder acoller.
Por outra banda, queremos facer fincapé na especial de necesidade de fogares de acollida durante os meses de Xullo e Agosto para un neno ou unha nena Saharauí. Se queres participar de forma solidaria neste proxecto podes informarche chamando ao 986 26 26 37, escribindo a vacacionesenpazsogaps@yahoo.com, ou completando o formulario de voluntariado desta páxina web.
IMPORTATE: Confirmade vosa asistencia ás próximas Xornadas Formativas escribindo un e-mail a vacacionesenpazsogaps@yahoo.com.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Grazas a este programa, os menores poden escapar das altas temperaturas do verán nos Campamentos de Refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na vida diaria que están obrigados a vivir en Tindouf. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural para os nenos e nenas Saharauís, Españois e as Familias Acolledoras.
Comentarios recentes