O noso agradecemento aos Subdelegados e persoal de Estranxeiría da Coruña e Pontevedra pola súa colaboración. Agora a solucionar outro gran problema: os avións son máis pequenos dos solicitados, xa que “Air Algerie” só ten dous avións de 160 prazas dispoñibles para traer aos nenos, e un vai ao aeroporto de Sevilla o día 28 de Xuño con nenos e nenas de Andalucía e o outro o día 30 de Xuño con nenos e nenas de Estremadura.
Os restantes 31 voos veñen todos con 137 prazas, co cal nos quedan moitos nenos fóra dos avións, unha dificultade que estamos a tratar de solucionar.
Máis xestións, máis gastos, pero todas as familias de Galicia podedes estar tranquilas: só quedarán nos Campamentos aquelas ausencias que haxa, como cada ano, derivadas doutros factores externos.
Quédannos días de moita tensión, pero coa axuda de todas as familias e o traballo incansable dos Delegados de SOGAPS, conxuntamente coa Delegación Saharauí en Galicia, conseguiremos levar a cabo Vacacions en Paz 2017.
Seguiremos informando.
Comentarios recentes