Urxente! Vacacións en Paz 2017 necesita familias acolledoras
O programa Vacacións en Paz, co que centos de nenos e nenas Saharauís pasan o verán en Galicia desde hai máis de 20 anos, periga pola falta de novas familias acolledoras, estando preto de 100 nenos á espera para poder confirmar a súa viaxe.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Grazas a este programa, os menores poden escapar das altas temperaturas do verán nos Campamentos de Refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na vida diaria que están obrigados a vivir en Tindouf. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural para os nenos e nenas Saharauís, Españois e as Familias Acolledoras.
Se queres participar de forma solidaria neste proxecto podes informarche chamando ao 986 26 26 37, escribindo a vacacionesenpazsogaps@yahoo.com, ou completando o formulario de voluntariado desta páxina web.
As Vacacións en Paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos as súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí.
Estes nenos naceron nos campamentos de refuxiados saharauís situados desde hai máis de 41 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-Saharauí; é dicir, son fillos dos Saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sahara español en 1975.
A vida destes nenos, nacidos no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharauí, privada do máis elemental e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.
Desde o punto de vista afectivo, España representa algo especial para os saharauís polos lazos históricos, culturais e humanos. De feito, os Saharauís pertencen á comunidade de hispano-falantes e aínda conservan con esmero o español como segundo idioma.
Comentarios recentes