Comunicado :”O Exército Popular de Liberación Saharaui comenzou a responder coa firmeza requerida”
Bir Lahlou, 13 de novembro de 2020
Hoxe venres 13 de novembro, as Forzas Armadas marroquíes violaron deliberadamente o acordo do Alto o Lume asinado entre as dúas partes do conflito no Sáhara Occidental (Frente Polisario e Marruecos) ao enviar forzas militares a través de tres rutas ao leste da brecha ilegal de Guerguerat cara aos civís saharauis que se manifestaban pacíficamente na zonas desde o 21 de outubro.
O operativo, que se considera un incumplimiento flagrante do acordo, constitúe unha agresión directa contra o pobo saharaui, e sitúa a este e ao seu movemento de liberación nacional, a Fronte Polisario, na posición de lexítima defensa da soberanía e integridad territorial da RASD.
O Exército Popular de Liberación Saharaui comezou a responder coa firmeza requirida a este incumplimiento e á marcha hostil marroquí que asesta un duro revés ao Acordo de Alto o Lume desde as súas raíces.
A Frente Polisario e o Goberno saharaui responsabilizan plenamente ao Reino de Marruecos de todas as perigosas consecuencias deste ataque sobre a seguridade e estabilidade da rexión, e o futuro do Acordo de Paz que se ha estancado durante anos debido ao incumplimiento referendo de autodeterminación, que é o único pacto e acordo asinado entre as partes baixo a dobre supervisión de Nacións Unidas e a Unión Africana.
SPS 13/11/2020 – 11:29
Comentarios recentes