Convenio para Vacacións en Paz e a Infancia Saharaui
Grazas ao Conselleiro de Política Social, pola firma de colaboración do Convenio para Vacacións en Paz e a Infancia Saharauí nos Campamentos de 75.000€.
Grazas á Directora Xeral de Familia polo seu seguimento.
Grazas al Vicepresidente da Xunta pola súa coordinación.
Un ano máis e coa colaboración dalgúns Concellos, deputacións, Empresas, Actividades nas que participan as familias acolledoras e moitos voluntarios, Galicia ten solicitado 325 nenas e nenos Saharauís.
Á espera da listaxe definitiva dos reclamados, para reunirnos coas familias e poder empezar xa coa tramitación dos expedientes para os informes favorables dos visados.
Desde a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS, moitas grazas.
Comentarios recentes