Dajla non é Marrocos: Comunicado de SOGAPS

A Asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e a Delegación Saharauí en Galicia comunican á opinión pública, pola presente o seguinte:

Co gallo da celebración na cidade de Vigo do Evento Internacional Conxemar, que reúne a empresas de todos os países, con efecto de promoción dos produtos do mar de alimentación a través do conxelado, a nosa repulsa á organización en canto a:

1. Noso rechazo á Directiva de Conxemar, xa que fronte a nosa petición de non expoñer os produtos de Dajla (Sáhara Ocupado) por parte de Empresas Marroquís, estando prohibido por sentenza firme que di claramente que o Sáhara non é Marrocos, permiten esta ilegalidade e non quixeron subsanar o gravísimo error de situar Dajla en Marrocos.
2. A Subdelegación do Goberno non autorizou a SOGAPS a manifestar a súa repulsa pola usurpación por parte do Goberno Marroquí de produtos do Sáhara Occidental.
3. SOGAPS quería manifestarse con pancartas alusivas ó espolio dos produtos do Sáhara Occidental polas empresas Marroquís que expoñen en Conxemar, diante da pasividade das Autoridades de España e Galicia ante este despropósito.
4. Reiterar a nosa repulsa pola pasividade dos gobernos de España e Galicia por este grave despropósito de autorizar a empresas Marroquís a expoñer produtos do Pobo Saharauí como propios, contradicindo así a lei, e que por tal feito comunicamos que estamos elaborando unha demanda nos Tribunais de Xustiza sobre como as Empresas presentes na Feira Conxemar están a violar a Lexislación Internacional, e, para máis INRI, están a estafar ós consumidores con información falsa e falsaria sobre os produtos de pesca e alimentación propiedade dos Saharauís, e polo tanto sobre tutela do lexítimo representante do Pobo Saharauí: o “Frente Polisario”.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies