A Comisión Sanitaria de SOGAPS
A comisión sanitaria de SOGAPS está nos Campamentos de Refuxiados Saharauís (Tindouf), realizando consultas xerais, consultas de pediatría, e de xinecología no Hospital de Bojador, e cun Médico Internista realizando as consultas de Enfermidades Crónicas no dispensario de Limsid.
Están a facer un labor incrible, coa calor do verán no deserto. Son a única comisión sanitaria que está a traballar agora mesmo nos campamentos.
Poñemos en coñecemento das familias acolledoras de Galicia ou doutras comunidades, que se coñecen algún caso de necesidade sanitaria nos campamentos, avísenlles que poden achegarse ao hospital de Bojador.
Dende a Delegación Saharauí en Galicia e Sogaps, o noso agradecemento a este gran equipo.
Comentarios recentes