Marcha pola liberdade do Pobo Saharaui

Este domingo 9 de maio Santiago de Compostela en Galicia acolleu a “Marcha pola liberdade do pobo saharaui”, que percorrerá toda España desde diferentes comunidades e concluirá na capital española o 19 de xuño con actos reivindicativos e a entrega do manifesto e as firmas recolleitas durante estes meses ao Ministerio de Asuntos Exteriores.
A convocatoria da marcha, que en Galicia correu a cargo da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) congregou, en Santiago de Compostela a numerosos simpatizantes do pobo saharaui entre os que se atopaban membros de SOGAPS incluída a súa presidenta Maite Isla, unha nutrida representación da comunidade saharaui en Galicia, diferentes concelleiros e deputados do Parlamento Galego como Carmela e Montse Prado do BNG e Alberto Pazos do Partido Popular, Montse Prado e Alberto Pazos membros do Intergrupo Paz para o Sahara do Parlamento Galego, e Xosé Luís Rivera responsable de Relacións Internacionais do sindicato CIG que foi o encargado de dar lectura ao manifesto.
Antes da lectura do manifesto tamén interviñeron Taleb Alisalem en representación da comunidade saharaui e Maite Isla Presidenta de SOGAPS.

Fonte: porunsaharalibre.org

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies