PROXECTO “Centro de Estudos e Formación da Muller Sahararuí”
Desde a Delegación Saharauí en Galicia e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí presentamos o noso novo proxecto: o financiamento e construción dun “Centro de Estudos e Formación da Muller Sahararuí”. Entre todos e todas podemos lograr que nos Campamentos de Refuxiados exista un lugar tan necesario como este, reflexo da historia da muller Saharauí, e co que podemos mellorar o futuro da súa causa.
Se queres colaborar con este proxecto, podes facer a túa achega en: ES40 2080 5056 1330 4003 4374. Calquera cantidade supón unha suma importante!
Tamén podes botar unha man como voluntario coas rifas que preparamos para financiar o Centro. Contacta connosco no 986 26 26 37, en info@sogaps.org, ou inscríbete en www.sogaps.org/colabora/.
Comentarios recentes