3º Andaina Solidaria co Pobo Saharaui en Vilanova
O vindeiro domingo 23 de Abril celebrarase unha andaina solidaria co Pobo Saharauí no Concello de Vilanova, por só 5€ podes apuntarte a un fin de semana diferente, en natureza, e solidario.
Esta “Andaina”, organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e que conta coa colaboración do Concello de Vilanova comezará ás 10:00am na propia casa consistorial. Este é o terceiro ano que se fai no municipio un evento desta índole, e sempre contou cunha gran acollida. Esperamos un ano máis contar con todos vós!
A marcha, de 13 Kilometros, é asequible para calquera tipo de público e de baixa dificultade, o traxecto durará aproximadamente entre tres e catro horas.
Con actividades como esta desde SOGAPS podemos manter programas como o proxecto educativo ou o proxecto sanitario, cos que trasladamos ata os campamentos de Refuxiados material escolar e médico respectivamente. Se queres participar nesta iniciativa solidaria, cunha doazón de 5€ podes axudar ao Pobo Saharauí mentres gozas da ruta.
Comentarios recentes