Cortes de pelo solidarios co Pobo Saharaui
Este venres 7 de Abril o grupo “Imagen Peluquerías” colaborará co Pobo Saharauí, realizando cortes de pelo solidarios a chicos e a chicas por só 3€. Con actividades como esta esperamos completar o financiamento do programa “Vacacións en Paz”.
O vindeiro venres 7 de Abril dispós de todo o día para achegarte a “Grupo Imagen Peluquerías” en Rosalía de Castro, 138 (Santiago de Compostela), e renovar a túa imaxe e estética mentres axudas ao Pobo Saharauí, e a que o programa “Vacacións en Paz” siga funcionando un ano máis.
Por primeira vez en Galicia, “Vacacións en Paz” podería conseguir un financiamento completo grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, as achegas de diversos concellos (entre os que destaca a achega do Concello de Vigo), e a actividades solidarias organizadas por esta asociación.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.
Comentarios recentes