Finaliza Vacacións en Paz 2017
Os nenos e nenas Saharauís de Vacacións en Paz abandonaron Galicia para volver coas súas familias biolóxicas en Tindouf, cheos de experiencias e recordos que compartir tras pasar o verán na nosa comunidade autónoma.
Un ano máis finalizou o programa Vacacións en Paz que en Galicia organiza SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), e que facilita cada verán a centos de nenos e nenas Saharauís coñecer a nosa cultura, a nosa lingua, someterse ás revisións médicas pertinentes e escapar das altas temperaturas do deserto nesta estación.
Os participantes partiron cara a Tindouf desde Santiago de Compostela en dúas sesións, a primeira metade o pasado martes 5 de Setembro, e unha segunda metade o mércores 6 de Setembro. Días nos que os nenos e nenas do programa reencontrábanse e empezaban a compartir todas as experiencias vividas este verán.
Como cada ano, SOGAPS aproveitado a viaxe de volta ao Sahara para enviar centos de caixas de axuda humanitaria.
Grazas a todos e todas as que axudastes a levar a cabo este programa, especialmente ás familias acolledoras.
Comentarios recentes