GALICIA PRECISA FAMILIAS ACOLLEDORAS

Dende a Delegación Saharauí en Galicia e SOGAPS, facemos un chamamento a todas as familias galegas para que poidan vir o máximo número posible de nenos e nenas Saharauís á nosa comunidade autónoma este verán.

Grazas ao programa “Vacacións en Paz”, estes menores poden escapar das altas temperaturas do deserto no verán (que superan mesmo os 50º á sombra), superar os exames médicos pertinentes, aprender e mellorar o seu dominio do castelán (segunda lingua oficial nos Campamentos de Refuxiados), e descansar da durísima realidade que viven día a día.

A vida destes nenos, nacidos no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias que o resto da Poboación Saharauí, privada en do máis elemental, e sobrevivindo dificilmente grazas á axuda humanitaria internacional.

Faite familia acolledora. Infórmate chamando ao 986 26 26 37 polas mañás, ou mandando un email a asociacionsogaps@yahoo.es ou a info@sogaps.org.

GALICIA PRECISA FAMILIAS ACOLLEDORAS INSTAGRAM

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *