Primeiros nenos e nenas Saharauis llegan a Galicia

O noso primeiro grupo xa está aquí

Cantas vivencias veñen á nosa cabeza. Canto traballo acumulado. Canto agradecemento a esas familias acolledoras que nos acompañaron dentro do organigrama que nos pide o Polisario.

Ás Consellerias de Sanidade e Política Social, Concellos colaboradores, Subdelegacións de Goberno, Deputacións, Estranxeiría, Menores da Xunta , Empresas, Farmacias, Persoal do Ministerio de Mocidade, Intergrupo Paz e Liberdade no Parlamento de Galicia, compañeiros de Sogaps, pero sobre todo ás nais Saharauís que nos confían o que máis queren que son os seus fillos.

Se, confíannolo á Delegación e á Asociacion e nós depositamos esa confianza nas nosas familias acolledoras , ás que unha vez máis agradecemos a súa Solidariedade co Pobo Saharauí.

Chegan contentos e con forza , uns desexando volver abrazar á súa familia, outros desexosos de coñecela.

Desde a Delegación Saharauí en Galicia e Sogaps, Sukram.
E sobre todo, a seguir loitando ata que consigamos un Sahara Libre.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *