Comunicado de SOGAPS dende Rabat (Xuizo Gdeim Izik)
Comunicado enviado polo noso compañeiro Henrique Porto Varela dende Rabat, onde acudiu como observador internacional ao “xuizo” aos presos saharauis do Gdeim Izik.
Onte comezou en Rabat o «xuízo» contra os presos politicos saharahuis de Gdeim Izik. Ás nove da mañá, no palacio de xustiza, rodeados polos cánticos e manifestación das familias e amigos dos presos politicos Saharahuis, apupados por un grupo de fanáticos/as marroquís, entramos Emilio e eu acompañados de observadores e solidarias de España e Europa no palacio de xustiza.
Deixaron pasar a case todas as persoas e deixáronnos fóra a cinco, tres avogadas con acreditacion do Consello Xeral da Avogacía e nós. Tras ameazarlles á policía secreta de irnos ao Consello de Dereitos Humanos, e pasada unha hora, deixáronnos pasar.
Por fin pasamos ao xuízo. Fué un momento tan emotivo que me saltaron as bágoas como facía tempo non me pasaba. Ao ser saudado e recoñecido polos presos politicos saharauís coa man no corazón, como saúdan os nosos irmáns saharauís, me hacian o signo da vitoria coa outra man e cunha chiscadela do ollo.
O tribunal parecia unha especie de feira onde o Xuíz facía de fiscal e de xuíz ao mesmo tempo. Un xuíz de pelicula cómica que gritaba aos letrados ao que estes respondian con novos berros.
Desfilaron os presos gritando proclamas por un Sahara libre, negaron recoñecer da súa propiedade as probas, armas brancas e moviles, que se lles mostraban.
Un autentico paripé o xuízo digno dunha película surrealista.
Despues para comer ás tres e media volvemos ao xuízo e toda a tarde interrogouse ás testemuñas que demostraron que varios presos nin estaban en Gdeim Izik cando se invadía o campamento pacifico polas forzas de ocupación marroquís.
Ás nove da noite suspendeuse o xuízo e fómonos, cansados de moitas horas de xuízo pero coa satisfacción de que sexa cal sexa a condena, os saharauís posúen unha enteireza e unha valentía que nos encheu de enerxía para continuar loitando ao seu lado pola liberación do seu pobo, última colonia de Africa e indecencia política dos poderosos que dominan a ONU e sobre todo, pola falta de dignidade do goberno de España.
Mañá esperamos seguir dando o noso apoio aos presos e ás súas familias e amigos.
Ata a vitoria!
Comentarios recentes