Visita a Galicia da Ministra de Cultura Saharauí, Jadiya Hamdi

A Ministra de Cultura Saharaui Jadiya Hamdi, visitou Galicia con motivo da presentación do filme “Leyuad”, gañador da última edición de FiSahara. A ministra da RASD aproveitou a súa estancia nesta comunidade para reunirse con alcaldes, sindicatos, e outras institucións.

16105751_2235220380035626_5177868440530932285_n

Diferentes organismos de Galicia aproveitaron a estancia da Ministra de Cultura Saharauí, Jadiya Hamdi para reunirse con esta representante da Fronte Polisario e trasladalle o seu interese pola situación que sofre o Pobo Saharauí, os últimos avances na autoderminación do seu pobo, a recuperación do Sahara Occidental, e o seu apoio a esta causa e a programas como Vacacións en Paz.

O principal motivo que impulsou a visita de Jadiya Hamdi a nosa Comunidade Autónoma foi a estrea nacional do filme “Leyuad” na Filmoteca da Coruña e no Teatro Principal de Pontevedra. O devandito evento contou tamén coa presenza dos directores da película, membros de SOGAPS, incluíndo á súa presidenta, Maite Isla, o activista de dereitos humanos Hassanna Aalia, e diversa representación política ademais de múltiples familias acolledoras.

Respecto a súa axenda política, o Concello de Pontevedra foi só o primeiro recibimento oficial nunha longa lista de encontros que inclúen ao Concello de Vigo, o Concello de Redondela, o Concello de Lugo, o Concello da Coruña, a Facultade de Comunicación da Universidade da Coruña, ou Concello de Oleiros, representantes de CIG, CCOO e UXT, o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e outras reunións con representantes das diferentes formacións políticas.

En todas as súas visitas oficiais recibiu o apoio ao Pobo Saharauí e o interese pola súa causa, adoptando diferentes compromisos como viaxes oficiais aos Campamentos de Refuxiados ou o impulso a “Vacacións en Paz”.

Comparte, ayúdanos a difundir:Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Tumblr
Tumblr
Print this page
Print
Email this to someone
email

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies