Marrocos ingresa na Unión Africana

Este luns 30 de Xaneiro a Unión Africana aceptou a solicitude de ingreso de Marrocos, ata agora único país Africano fóra deste organismo. Trátase dunha noticia de gran relevancia respecto da cuestión do Sahara Occidental.

Marruecos ingresa en la Unión Africana

É especialmente relevante especificar que a admisión de Marrocos á Unión Africana non se trata dun reingreso tal e como anuncian múltiples medios de información, xa que Marrocos nunca formou parte deste organismo, se non da anterior OUA (Organización para a Unidade Africana), que abandonou en 1984 ao negarse a admitir á RASD (República Árabe Saharauí Democrática) na mesma. No 2002 este organismo desaparece para deixar paso á UA, á que Marrocos nunca ingresou ata esta semana, mentres a RASD formou parte da súa fundación.

A relevancia deste dato que ignoran os medios é clave no conflito do Sahara Occidental e a súa ocupación ilegal, xa que imposibilita a expulsión da RASD deste organismo e teoricamente obriga a Marrocos a aceptar a súa soberanía. Tal e como explica Carlos Ruiz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional da USC e e director do Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental (CESO) da Universidade de Santiago de Compostela: ”

“En primeiro lugar, guste ou non, a entrada de Marrocos na UA é un acto de recoñecemento da República Saharauí. Convén non esquecer que un dos obxectivos da Unión Africana (art. 3 da súa Acta constitutiva) é

  • Defender a soberanía, a integridade territorial e a independencia dos seus Estados membros

Por tanto, Marrocos intégrase nunha organización que busca defender a soberanía, a integridade territorial e a independencia da República Saharauí.”

Queda estar atentos aos movementos do Majden dentro da Unión Africana, e a presión que exercerá a Fronte Polisario nesta nova situación, xa que ata agora non compartiran representación nun organismo desta relevancia internacional.

Tamén che podería gustar...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *