Firma en Ames do convenio de “Vacacións en Paz”
Na mañá de onte 28 de Marzo, membros de SOGAPS reuníronse co alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luisa Feijóo, para asinar o convenio de Vacacións en Paz. Entre os representantes de SOGAPS neste encontro atopábanse a presidenta da asociación Maite Isla, e a delegada de zona Esther Ybarra.
Dende SOGAPS queremos agradecer ao Concello de Ames a súa colaboración un ano máis con este programa solidario, que nesta ocasión permitirá a chegada de 12 nenos á zona ao facerse cargo dos billetes de avión dos menores.
Agradecemos ao alcalde, as súas concelleiras e concelleiras, ao persoal técnico, a Leo pola disposición que sempre demostrou á hora de facilitarnos este traballo, á familias acolledoras. E á nosa compañeira Esther Ybarra que co seu traballo diario, reunións coas familias, visitas ao concello, organización de actividades e difundindo o programa, fai posible a chegada dos nenos e nenas Saharauís a Ames e encontros como este.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.
Este programa levase a cabo grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, e o apoio dos concellos.
Comentarios recentes